We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

fractura

by Aderyn

supported by
/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

    Descarga gratuita: pon 0.00 no prezo a pagar.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Sentes o avance da enchente o ruído xordo ao lonxe aínda moi lonxe este formigueo da predición é o que chaman ‘trema’ Despois de que a auga se retire queda ao descuberto a planicie un deserto lamacento no que che afunden os pés os nocellos a cintura a puntiña dos dedos mentres os estiras ao xeito dunha fermosa árbore seca unha escultura morta O debuxo da túa pel cuarteada conta unha historia que pode quedar enterrada aquí, agora como tantas vilas asolagadas pola enchente Sabes o que virá despois Pode que o golpe da auga termine a angustia da asfixia Non doerá tanto... Pero corres corres! corres porque sabes, confías que o val ten os seus límites e nin tan sequera a enchente ou os besbellos de tantas voces han de chegar tan lonxe se ti corres
2.
Fenda 05:40
Os día arrolan pola miña cabeza sen pelo (x2) enfermos e repetidos (x2) xa case non queda nada dos lugares da forza e a beleza do tacto das amigas (x2) O soño é duro e vaime envolvendo abrindo paso na profundidade e penso que agardar é unha covardía (x2) e penso que agardar é unha covardía máis Non intentes entendelo agora só entra e permanece unha presión que medra E vou pechando as portas con esa angustia o medo a atopalo no reflexo ódioo nos espellos e nos ollos dos outros (x3) E véxome liquidándoo con pulso mantendo os dentes na presión xusta deixando que chore e se perda
3.
Abismo 05:21
Ninguén coñece as rutas perdidas que abren as portas no meu baleiro son longas e escuras e cheas de lamentos de mortos e vivos de esquecementos Só respirar forte e o abismo acólleme preparo comida e dedícome a morrer dedícome a morrer (x3) todas as súas mortes Ninguén coñece as sombras e angurias que habitan no fondo do meu espello e cando me miro son todo o que vexo non queda xa rastro dos vellos xestos Só respirar forte e o abismo acólleme preparo comida e dedícome a morrer dedícome a morrer (x3) todas as súas mortes E saio e saio e saio e nunca me atopo e entro e entro e entro e as sombras son todo E saio e saio e saio e nunca me atopo e entro e entro e entro e as sombras son todo Dedícome a morrer (x3) todas as miñas mortes
4.
Boquexar 04:51
Debe de haber meses que as horas non corren aquí As pozas énchense de auga de repeticións no silencio de linguas que morden en ti A tranquilidade vólvese húmida coma o alento dos animais e ao lonxe un ruído xordo medra Hai tempo que morriches aquí Afógante os códigos deste modo de vivir as lealdades e os xogos creados para ti E reméxeste dentro dun cadaleito de silencio herdado e límites estreitos Cando a treboada axite as árbores que as pólas se che enreden por dentro has desexar que a auga te arrastre a outro lugar Afógante os códigos deste modo de vivir as lealdades e os xogos creados para ti E reméxeste dentro dun cadaleito de silencio herdado e límites estreitos E reméxeste dentro dun cadaleito de silencio herdado e límites estreitos
5.
Mito 05:23
Perdemos até a memoria nese proceso e quedan gravados coma fendas na pedra os deseños sobre o noso corpo e os nosos xestos e vimos como desaparecían animais fermosos arrastrados dos nosos cuartos cara ao mito como mudaba o terra baixo os pés e nos perdíamos Medramos cun movemento lento esgazando a pel as cicatrices coséndonos coma as liñas nos acantilados e vimos como desaparecían animais fermosos arrastrados dos nosos cuartos cara ao mito como mudaba o terra baixo os pés e nos perdíamos Medramos cun movemento lento esgazando a pel as cicatrices coséndonos coma as liñas nos acantilados Busco o debuxo das marcas en ti e en min os trazados que nos trouxeron até aquí Medramos cun movemento lento esgazando a pel as cicatrices coséndonos coma as liñas nos acantilados
6.
Xa non queda nada para mirar atrás atadura ou remorso que me obrigue a ficar Non penso deixarme caer podo reinventarme outra vez Non penso deixarme caer podo reinventarme outra vez O espazo abafante encóllese máis ningún outro esforzo que non sexa avanzar o seguinte golpe non me atopará detido, agardando por outro final o seguinte golpe non me atopará detido, agardando por outro final Non afogarei aquí se teño que facelo fareino por min Non afogarei aquí se teño que facelo fareino por min Escollo a ruta invisible do mapa, do mapa (x2) A viaxe é a miña seguridade non preciso de ningún plan trazado con anterioridade Non penso deixarme caer podo reinventarme outra vez Non penso deixarme caer podo reinventarme outra vez Non afogarei aquí se teño que facelo fareino por min Non afogarei aquí se teño que facelo fareino por min Escollo a ruta invisible do mapa, do mapa (x2) Non afogarei aquí se teño que facelo fareino por min Non afogarei aquí se teño que facelo fareino por min Escollo a ruta invisible do mapa, do mapa (x2)
7.
Levedar 06:15
Esta cidade queda deserta a calor evapora as fontes mentres arden as rúas fóra deixa que entre a enchente Ven, entra no cuarto o mar medra para asolagarnos e vivimos como cetáceos xigantes Unha pel nova médralle á noite sáenlle plumas e cores mentres levedamos na ruta perfecta para aprender o don da metamorfose Ven, entra no cuarto o mar medra para asolagarnos e vivimos como cetáceos xigantes Coas nosas brillantes escamas de peixe medra un teito sobre a cidade mentres nos expandimos xuntos na auga con cada nova habilidade Ven, entra no cuarto o mar medra para asolagarnos e vivimos como cetáceos xigantes Ven, entra no cuarto o mar medra para asolagarnos e vivimos como cetáceos xigantes Ven, entra no cuarto o mar medra para asolagarnos e vivimos como cetáceos xigantes
8.
A viaxe 02:49
Cultivamos o don da metamorfose En cada transformación as cicatrices deixan marcada unha pel brillante que reaparece sobre o que fora ferida fendas abertas na historia as voces caladas de tantas e tantos resoan agora ao fondo coma un oráculo fomos outros corpos outras mans outros ollos tivemos tantas vidas e medráronnos memorias novas coas que lembrar cada biografía sen contar Cosemos con elas as instrucións e aprendémonos as unhas ás outras a mudar a pel coma se fose roupa a inventar extremidades novas lugares inexplorados que aparecían tan só ao nomealos Fóra dos límites do val máis terras máis océanos o mapa en branco

about

"Fractura conta unha viaxe. O percorrido é aberto, pero avanza cara a paisaxes novas e inmensas que se abren diante de nós cando precisamos fuxir do que nos quita o aire. A pel suave que nace tras a queimadura."

Fenda e Abismo están baseadas en poemas de "Fase de Trema" de Lorena Souto.

Deseño de Saúl Rivas

Gravado en Belmont Road (Bangor, Gales)

credits

released October 14, 2019

license

all rights reserved

tags

about

Aderyn Wales, UK

Aderyn son Lorena Souto (letras) e David Miranda (música)

contact / help

Contact Aderyn

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Aderyn, you may also like: