En cada transformación as cicatrices
deixan marcada unha pel brillante
que reaparece sobre o que fora ferida
fendas abertas na historia
as voces caladas de tantas e tantos
resoan agora ao fondo coma un oráculo
fomos outros corpos outras mans outros ollos
tivemos tantas vidas
e medráronnos memorias novas
coas que lembrar cada biografía sen contar
Cosemos con elas as instrucións
e aprendémonos as unhas ás outras
a mudar a pel coma se fose roupa
a inventar extremidades novas
lugares inexplorados que aparecían
tan só ao nomealos
Fóra dos límites do val
máis terras máis océanos
o mapa en branco
Smooth, sophisticated pop with neoclassical flourishes from the Berlin-based duo of Fabian Till and Birk Buttcherey. Bandcamp New & Notable May 2, 2024
Another devastatingly beautiful batch of indie rock confessionals from Ontario singer, producer, and multi-instrumentalist Linnea Siggelkow. Bandcamp New & Notable Apr 28, 2024
The experimental rock band's new record is as melodic and inventive as ever, but now with an even more honed sense of play. Bandcamp New & Notable Apr 27, 2024